Fíltranse os prezos do Nexus 5

nexus5

Se hai apenas filtrábase un documento que descubría as características técnicas do Nexus 5 (pantalla de 5 polgadas, procesdor SnapDragon 800 de 4 núcleos a 2,4 GHz, 2 GB de RAM, cámaras de 8 e 1,3 megapíxeles…), hoxe descúbrense novos datos non menos interesantes: os prezos.

Semella que desta vez a política de prezos non ten unicamente que ver coa capacidade interna da memoria, senón tamén pola da súa batería, factor clave nos smartphones. Así, de ser certas as filtracións descubertas hoxe, os prezos do Nexus 5 quedarían como seguen:

  • Modelo 16 GB + batería 2300 mAh: 299 dólares (299 euros?)
  • Modelo 32 GB + batería 3000 mAh: 399 dólares (399 euros?)

Unha vez máis, Google apostaría por unha política de boa relación calidade – prezo no seu terminal de referencia, polo que de haber stock (lembremos os problemas co Nexus 4) será con toda certeza un superventas.

Vía

Sobre o autor

2 Comments

  1. Anguiano 9 Outubro, 2013 Responder
    • Iago Varela Martínez 10 Outubro, 2013 Responder

Reply