Hoxe coñecemos un recente informe realizado pola consultora Kantar Worldpanel, no que chama a atención dúas cousas:
- Non somos tantos os que temos un terminal premium, pois os datos din que só o 17% dos móbiles intelixentes vendidos no Estado pertencen a este segmento.
- A marca preferida polos consumidores segue sendo Samsung, que arrasa en todos os sectores.
Destaca ademais que o Galaxy S III leva un 30,4% das vendas premium, moi por diante do iPhone 5, que leva o 15,2% e o iPhone 4S, cun discreto 6,8%