Twitter anuncia a súa aplicación para tablets Android… exclusiva para Samsung

Samsung_screenshot_marty_replaced2

Twitter vén de facer oficial o que era un segredo a voces: estaban a traballar nunha aplicación deseñada para tablets Android. Por fin os usuarios do sistema operativo maioritario teremos a posibilidade de sacarlle todo o partido a unha aplicación que, até o de agora, desaproveitaba totalmente a pantalla.

Multi_Screen_View

Malia todo, o anuncio vén cunha mala nova, e é que nun primeiro momento só vai estar dispoñíbel en exclusiva para as tablets de Samsung, aínda que ao longo do ano abrirase a todas as tablets Android, aínda que é de supoñer que tal e como pasa con todas as “aplicacións exclusivas”, non han tardar moito en extraer o ficheiro apk que debera funcionar en calquera dispositivo.

Vía

Sobre o autor

Reply