TaxiClick xa permite pedir taxis en varias localidades coruñesas

android_bigbox_taxi_800

As e os habitantes da Coruña, Arteixo e Culleredo poden desde hoxe pedir un taxi sen ter que efectuar unha chamada, pois veñen de ser engadidas á aplicación TaxiClick tras un acordo con Tele Taxi.

taxiclick

Esta ferramenta, que ademais dos citados concellos coruñeses permite pedir un taxi en máis de 80 cidades europeas, ten un funcionamento moi sinxelo, que comeza por rexistar o noso teléfono como media de verificación e por se precisan contactar con nós. A partir de aí, establecendo o punto de recollida (por GPS ou manualmente) podemos proceder á petición de taxi, indicando se precisamos pagar con tarxeta ou un vehículo adaptado. A continuación daránsenos os datos do taxi que virá recollernos.

Este tipo de servizos veñen funcionando desde hai moito tempo noutras cidades do Estado con bastante éxito, pois dunha banda evítanos o engorro de ter que facer a chamada e, por outro lado, permite aforrar aproveitando a tarifa de datos do noso smartphone.

A aplicación é gratuíta e pódese descargardesde a Play Store.

Sobre o autor

Reply