De seguro que en máis dunha ocasión escoitaches que Android é un sistema inseguro ou que existen virus que poden deixar K.O. o noso terminal. Estas informacións hai que collelas con moitas pinzas, xa que Android é un sistema bastante seguro, aínda que non por ilo deixa de estar exposto a sufrir vulnerabilidades, a meirande parte deles culpa de imprudencias dos usuarios.
O gráfico que acompaña este artigo amosa os datos do estudo de seguridade máis recente, no que se pode apreciar que menos do 0,001% dos ususarios sufren ataques de malware que cause problemas nos seus dispositivos, unha cifra insignificante porcentualmente.
O modo de infección por malware esixe a actuación do usuario, ben activamente ben por non tomar precaucións de seguridade instalando aplicacións con orixes dubidosos ou aceptando ligazóns que recibe polos típicos SMS-timo.