R incorpora o Galaxy Core ao seu catálogo de terminais Android

galaxycore_1

R vén de engadir un novo dispositivo Android ao seu catálogo de terminais, o Samsung Galaxy Core, un dispositivo cunhas características que o sitúan no que a día de hoxe é a gama media, é dicir, pensado para un público cun perfil intermedio.

Conta con pantalla de 4,3 polgadas, procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 8 GB de memoria interna (4 para o usuario) que poden ser ampliábeis por microSD . A cámara principal é de 5 megapíxeles e a batería de 1800 mAh. Vén con Android 4.1 (Jelly Bean).

Pódese adquirir por pagamento a prazos en 24 cotas de 9 € (+IVE). Máis información nesta ligazón

Sobre o autor

Reply