Ao “e eu máis” ao que nos teñen acostumados os fabricantes no que ten a ver con especificacións hardware súmanse agora as pantallas curvas, algo que debe ser moda en Corea, de onde son orixinarias Samsung e LG.
Un dos próximos terminais deste último fabricante será o LG G Flex, no que aplican a súa tecnoloxía de pantallas flexíbeis nun terminal cunha curvatura cando menos curiosa polo sentido da mesma.
Non se coñecen as datas da súa presentación ou dispoñibilidade, nin tampouco o resto de características. Malia todo, polo de agora, xa conseguiron captar a nosa atención