FNAC presenta a súa tablet infantil, FNAC Junior

TABLET FNAC JUNIOR_1

FNAC vén de presentar unha nova tablet de marca blanca, desta vez orientada ás e aos máis pequenos da casa, a FNAC Junior, un dispositivo que vén con Android 4.1 e máis de 20 aplicacións e libros interativos infantís precargados.

Incorpora unha pantalla IPS de 7 polgadas, 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, procesador de dobre núcle a 1 GHz, 1 GB de memoria RAM e súa batería é de 4300 mAh. Ademais, dispón de 2 bumpers (azul e laranxa, incluídos) para aumentar a súa proteción, adamais dunha correa que facilita o seu traslado.

Pódese mercar tanto nas tendas físicas coma na web por 149,90 €.

Sobre o autor

Reply