Logo de moitos anuncios e retrassos, BlackBerry Messenger comeza a estar dispoñíbel para Android. E dicimos que coemza porque non todo o mundo pode disfrutar dela desde o primeiro momento.
Para evitar problemas, BlackBerry establece a dispoñibilidade escalonada, polo que os usuarios deben instalar a aplicación e rexistrar o seu correo. Aqueles que xa tiveran feita unha preinscrición poderán usar desde o mesmo momento este servizo de mensaxería, mentres que o resto deberá deixar o correo electrónico para recibir autorización unha vez chegue a eles a listaxe de espera.
Lembramos que BBM ten as funcionalidades típicas das alternativas (léase WhatsApp / Line), como chats individuais e de grupos (até 30 persoas), ademais de permitir compartir arquivos. A maior diferenza é que emprega un PIN, que será o que teremos que dar aos nosos contactos para poder comunicarnos a través de BBM, evitando ter que dar o número de teléfono.
A aplicación é compatíbel con Android 4.0 ou superior e pode descargarse desde a Play Store.