Cando hai uns meses, durante o I/O 2013, Google anunciou o redeseño de Google Maps, descubrimos que o que de seguro é o mellor servizo de mapas recibía un completo lavado de imaxe e a integración de novos servizos.
Sen embargo, sorprendería que esta actualización eliminou cousas tan importantes como o historial de ubicacións, Latitude (que pasou a estar dispoñíbel e funcionando mal a través de Google+) e os mapas personalizados: fin a unha ferramenta que permitía elaborar un mapa con marcadores en liña e disfrutalo no móbil.
Agora ben, tempo despois lanzarían Maps Engine, unha ferramenta independente de Google Maps no que se pode recuperar a funcionalidade de creación de mapas. Mais, até agora, incongruentemente, non tiñamos xeito de poder ver estas creacións no noso Android.
Por iso veñen de lanzar Google Maps Engine, unha aplicación complementaria a Google Maps que xa está dispoñíbel na Play Store e que teremos que instalar se queremos ver os nosos mapas personalizados no noso trebello; unha solución trapalleira para unha funcionalidade que debera ser básica da aplicación orixinaria Google Maps.