Seguindo co noso repaso polo 2011, hoxe ímonos centrar no final do ano. Estamos todos de acordo con que este ano foi o da explosión de Android, e de cara ao final do ano atopámonos por primeira vez cunha situación que vai pasar a ser algo habitual.
Falamos das actualizacións de hardware en determinados terminais. Se a comezos do ano Sony Ericsson presentou o Xperia Arc e o Xperia Neo, en Outubro dese mesmo ano presentaron unha evolución comercializadas co nome de Arc S e Neo V. Non se trata de actualizacións decisivas para pensar en actualizar o teu Arc ou Neo, pero si comeza unha nova situación: as marcas decidirán actualizar o hardware en menos de 1 ano daqueles terminais tiveron boa acollida polos consumidores.
Esta situación en principio boa para o consumidor pódese volver na súa contra, xa que moitas veces, as empresas “esquécense” de actualizar os terminais antigos, ou cando chegan é moi tarde, e claro, doe deixar os teus aforros nun terminal que non vai ter un bo trato da marca, falando de actualizacións. Semella que a política predominante é: ¿queres un móbil actualizado? pois merca un terminal premium ou cambia de terminal cada ano.
Pola súa banda, Samsung sorpréndenos en outubro coa presentación un terminal que non sabiamos ben onde colocalo, moi grande para un smartphone á vez que un tanto pequeno para considerarse unha tableta. Era o Galaxy Note. Un terminal ideal para os que traballan polas súas dimensións e que ademáis contaba cun stylus, que no era outra cousa que un punteiro co que se facilitaban diferentes tarefas.
A súa pantalla case descomunal para o momento, 5,3″ con resolución super HD. O seu procesdor era un Exynos dual-core a 1,4 mhz con 1 giga de RAM e 16/32 gigas de ROM.
Como non pode ser doutro xeito, para acabar o ano temos que falar do lanzamento dun terminal desexado por todos: o novo Nexus. Desta volta hai un cambio importante: HTC xa non vai ser o seu fabricante senon que o elixido vai ser Samsung e comercializarase co nome de Galaxy Nexus.
As súas especificacións serán moi interesantes. Ven coa última versión de Android, Ice Cream Sandwich. Pantalla HD (1280×720) de 4,65″. 1 giga de RAM e 16/32 gigas de ROM. Procesador Texas Instruments de dobre núcleo a 1,2 mhz. Cámara de 5mpx e 1,2 mpx para a dianteira. O prezo en España era de aproximadamente de 600€.
Como punto máis diferenciador en relación coa competencia, este terminal, o Galaxy Nexus é o primerio terminal en ter o botóns físicos de home, atras é menú integrados na pantalla.
Con este lanzamento, Google confirma a súa politica de darlle a oportunidade de fabricar un Nexus a aquelas empresas que apostaron por vender terminais con Android no seu interior. O seguinte elixido será LG.
Continuará…