Samsung vén de anunciar que amplía o número de smartphones compatíbeis co seu smartwatch, o Galaxy Gear, que o fabricante coreano presentou no último Unpacked.
Se ben nun primeiro momento só era compatíbel coa Galaxy Note III, a actualización de outros dispositivos da marca a Android 4.3 permitirá que ambos trebellos se recoñezan. Así, segundo indica Samsung, a listaxe de smartphones compatíbeis é a que segue:
- Galaxy Mega 5.8
- Galaxy mega 5.3
- Galaxy Note III
- Galaxy Note II
- Galaxy S III
- Galaxy S 4
- Galaxy S 4 Active
- Galaxy S 4 Mini
- Galaxy S 4 Zoom
Como lembraredes, o Galaxy Gear incrementa as posibilidades dos nosos smartphones, servindo non só de centro de notificacións senón tamén para realizar ou recibir chamadas, sacar fotografías coa súa cámara de 1,9 megapíxeles ou funcionar como podómetro.