Sherpa, o asistente de voz para Android desenvolto e Euskadi, vén de lanzar unha nova versión (3.0) que se anticipa ás necesidades do usuarios para ofrecer a información que precisa sen que este teña que pedila.
Entre as principais novidades desta actualización inclúese un módulo de notificacións (que aínda está en fase beta) co que se pretende manter aos usuarios ao tanto da información que lle interesa. Estas notificacións inclúen recordatorios de cumpreanos, do tempo (“oe, colle paraugas que vai chover”) e deportivas, incluíndo resultados de fútbol, Fórmula 1, NBA, futbol americano e béisbol nos USA e as ligas de fútbol de Chile, México, Colombia e Arxentina.
A aplicación é gratuíta e pódese descargar desde a Play Store.