G Flex: o primeiro terminal curvo de LG fai a súa aparición oficial

G Flex

Aínda que xa era unha realidade, o LG G Flex acaba de facer a súa aparición oficial tras o anuncio por parte do fabricante coreano. As súas características son moi semellantes ás do LG G2, e pasan por unha pantalla de 6 polgadas con resolución 1280 x 720, procesador de catro núcleos a 2,26 GHz, 2 GB de memoria RAM, 32 GB de memoria interna, cámaras de 13 e 2,1 megapíxeles e unha batería de 3500 mAh.

G Flex 2

Ao igual ca no G2, o G Flex trae os botóns na parte traseira do dispositivo, unha liña que semella vai ser a habitual da marca en todo e canto presente nos próximos meses. Malia todo, o que realmente chama a atención é a curvatura da súa pantalla, grazas á tecnoloxía P-OLED (Plastic OLED). Trátase dunha pantalla con todas as características dun panel OLED, mais coa única diferenza de estar fabricado en plástico no canto de cristal, o que otorga maior durabilidade e permite esas torsións.

Pero iso non é a única novidade deste dispositivo, que tamén conta con elastic coating, unha tecnoloxía que autorepara o terminal de rabuñadas e pequenos golpes. Desde logo, non sabemos como funcionará isto na realidade, pero sobre “o papel” soa bastante ben.

Aínda non temos información sobre prezos ou datas de dispoñibilidade, mais imaxinamos que non o veremos pro acó até finais de ano ou comezos do que vén.

Sobre o autor

No Responses

Reply