As agardadas Google Glass volven ser hoxe noticia hoxe tras o anuncio de Google no que informan dunha nova edición deste dispositivo que inclúe unha revisión de hardware e que estarán dispoñíbeis para os usuarios do programa Explorer, quen poderán mudar as actuais polo novo modelo.
Malia non concretar demasiado sobre as melloras se inclúen nesta revisión hardware, si que avanzaron que terán un novo auricular mono e que serán compatíbeis con futuras tinturas de cristais (sol, diferentes graduacións).
Cada usuario do programa Explorer poderá á súa vez convidar a 3 persoas para que se unan, aínda que imaxinamos que pagando unha cantidade semellante á que se veu pagando anteriormente por este obxecto de desexo, uns 1500 dólares.