O novo Facebook Messenger vén cun completo redeseño de interface

fbmessenger

Quen se tivera apuntado á beta de Twitter verá moitos parecidos na nova versión, tamén beta, de Facebook Messenger, a aplicación complementaria a Facebook pensada para usuarios activos do servizo de mensaxería desta rede social. O primeiro deles, a cor azul, que se afasta da tonalidade coorporativa achegándose ao da rede de microblogging, e o segundo, algo menos evidente, a xestión en pestanas.

Mais o redeseño que sofre esta aplicación é un tema puramente estético, xa que as funcionalidades son as mesmas (aínda que con melloras de velocidade). Así mesmo, introdúcese unha icona que nos permite identificar aos usuarios que usan a aplicación, para que teñamos claro se son tan activos coma nós e non vai quedar a mensaxe esquecida ou non lida.

fbmessenger2

Así mesmo, gana importancia o número de teléfono sobre a conta de Facebook, polo que teremos que confirmar o noso móbil (como en WhatsApp ou Hangouts, por exemplo), para que outros usuarios poidan atoparnos e non ter a obriga de ter conta en Facebook para poder usar a aplicación.

Esta nova versión de Facebook Messenger aínda é unha beta, pero xa temos dispoñíbel o APK para que a poidas instalar. Malia todo, se tedes unha versión previa de Facebook Messenger instalada, debedes borrala e logo executar este ficheiro.

Sobre o autor

Reply