Primeiro spot do Samsung Galaxy Round

O Samsung Galaxy Round, o primeiro smartphone con pantalla curva de Samsung, vén de amosarse nun spot para a televisión, no que se compara con outras cousas da vida cotiá que resultan agradábeis ao tacto por ser curvas.

Este dispositivo incorpora unha pantalla de 5,7 pulgadas Full HD (1920 x 1080 píxeles), proceasdor de 4 núcleos SnapDragon 800, 3 GB de memoria RAM e cámara principal de 13 megapíxeles. A batería é de 2800 mAh e vén con Android 4.3.

Xa está á venda en Corea do Sur, aínda que polo de agora non se informou da posibilidade de que chegue a estes lares. Mercaríades un terminal con estas características?

Sobre o autor

Reply