Twitter actualiza a súa aplicación para dar máis relevancia ás fotos e aos vídeos

Coas actualizacións de aplicacións relevantes pasa como coas desgrazas: nunca veñen soas. Se antes falabamos das novidades de Google+ agora tócalle a Twitter, que vén de anunciar o lanzamento dunha nova versión da súa aplicación.

twitter

Desta vez non é unha actualización con grandes cambios no fondo, aínda que si no visual, xa que introduce a previsualización de imaxes e vídeos directamente no noso timeline, reservando a posibilidade de velas máis grandes para cando abrimos o tweet que conteña esa parte multimedia.

Así mesmo, a partir de agora tamén é moito máis doado facer retweet ou favoritizar un tweet, xa que non teremos que andar entrando nas mensaxes individuais para facelo.

A actualización de Twitter irá chegando a todos os terminais que teñan a aplicación instalada nas próximas horas. Se aínda non a tes, podes descargala da Play Store.

Sobre o autor

7 Comments

  1. O'Loubám 30 Outubro, 2013 Responder
    • Iago Varela Martínez 30 Outubro, 2013 Responder
      • O'Loubám 30 Outubro, 2013 Responder
        • Iago Varela Martínez 30 Outubro, 2013 Responder
  2. Abel Rodríguez 30 Outubro, 2013 Responder

Reply