A Historia de Android (X)

4164713199

Neste repaso pola historia, xa chegamos ao un dos eventos anuais máis importante para o ecosistema Android, o Mobile World Congress 2012. O deste ano foi moi significativo porque se ben aparecen novas marcas presentando propostas interesantes para os fans de Andy, outras marcas coma Samsung deciden preparar un evento propio para a presentación do seu todopoderoso Galaxy SIII.

huawei-compra-nokia-1 zte-logo

 

 

 

 

 

 

No MWC ’12 atopámonos con que as marcas chinesas comezan a súa aposta polo mercado occidental. Por exemplo Huawei achegounos o Ascend D Quad, un terminal cun procesdor quad-core e 1 giga de ram, cunha interesante pantalla de 4,5″ para facilitar o consumo multimedia.

Pola súa banda, ZTE achegounos nesta feira dous terminais de 4 núcleos e xenerosas pantallas encamiñados ao que será a tónica dos seguintes meses: pantallas cada vez maiores encamiñadas a mellorar o consumo de contidos en calquera lugar.

logo lg

Agora chegamos a un momento complicado. Neste MWC existían moitas dúbidas do que presentaría LG, xa que a gama do 2011 non gustou ao público en xeral. Sobre o papel eran terminais moi interesantes, pero pola contra o usuario non tiña unha boa experiencia e logo, o trato de LG tampouco foi o que se esperaba en canto á política de actualizacións elixida: estaban moi desatendidos.

Para ben de todos, todo mudou no 2012 xa que presentaron unha gama totalmente renovada con numerosas posibilidades satifacendo tanto a usuarios esixentes coma os que non o son tanto. Foi a gama L Style que contaba con tres terminais: L3, L5 e L7.  É posible que non foran do mellor que se podía atopar no mercado, pero serviulles a LG para recuperar a confianza do consumidor, algo sumamente importante.

sony

Para este ano, temos que cambiar o chip. Sony Ericcson pasa a ser tan so Sony e segue presentando terminais de calidade e ben posicionados na mente do consumidor, o que fai que sexa un referente non mundo Android. Para comezos deste ano, apostan polo MWC para poñer á venda o recen presentado Xperia S, e para completar a gama Xperia presenta o Xperia P e U.

logo htc

É a quenda de HTC. No MWC amosáronnos dous terminais interesantes dos que queremos destacar o HTC One X. Sen dubidalo era un dos terminais do momento. Estaba ben construído e cunhas boas especificacións era o desexado por todos, pero este desexo non se traducía nas vendas.

logo samsung

Como falabamos antes, Samsung decide non elixir o Mobile para presentar a súas apostas para o ano se non que prefire facelo pola súa conta noutra data. Esta decisión mantense na actualidade.

A data elixida é o 3 de maio en Londres e presentan o Galaxy SIII. Unha aposta segura que será como os seus predecesores nun éxito de vendas, xa que conta cun hardware impresionante e unha política de actualizacións inmellorable.

Continuará…

Sobre o autor

Reply