Lenovo presenta a súa nova Yoga Tablet

image002

Desde hoxe, contamos cunha nova opción no mercado das tablets: vén de ser presentada a Yoga Tablet do fabricante chinés Lenovo.

O puntos fortes deste dispositivo están na batería coa que, segundo a empresa, acadaremos até 18 horas de autonomía e varias posicións coas que a podemos desfrutar do trebello. En Lenovo decatáronse da importancia que ten para o usuario a maneira de soster unha tablet e conseguiron un sistema de auto apoio polo cal mantense en pé por ela mesma ao apoiala sobre unha superficie plana para ver algún contido multimedia  acadando un ángulo de visión axeitado cando se recosta sobre unha mesa.

Deste xeito a Yoga Tablet podémola soster de diferentes formas como podedes ver nas imaxes:

Moi cómoda se nos movemos ou estamos sentados.

YogaTabletHoldMode

Perfecta para utilizar no escritorio

YogaTabletTiltMode

Para consumir multimedia: vídeos, fotos,…

YogaTabletStandMode

En canto ao hardware nada novidoso, pero para significa que  sexa un mal gadget. Atopamos 1giga de RAM, procesador  de 4 núcleos a 1,2 ghz e dúas opcións en canto á memoria interna, 16 ou 32 gigas. Contamos tamén con cámara dianteira (1,6 mpx) e traseira (5mpx). A pantalla é full HD.

Dispoñemos a tableta en dous tamaños. Unha de 8 polgadas e unhos 400 gr de peso desde 229€ e outra de 10 polgadas e unhos 600 gr de peso por 299€.

Yoga Tablet.

Sobre o autor

Reply