Android 4.4 KitKat: desvelada a nova doce versión de Android

kit kat

Temos comentado moitas veces que os nomes dos doces cos que se coñecen as diferentes versións de Android seguen orde alfabética. Iso, ligado a certos xogos a modo de filtración levados a cabo por Google leváranos a pensar que a versión presentada hoxe sería Key Lime Pie. Todo mudou cando hai unhas semanas, por sorpresa, anunciaron que chegaran a un acordo con Nestlé para nomear a versión 4.4 do sistema operativo como KitKat.

Android 4.4 – KitKat non supón un punto de inflexión como no seu día Ecláir (2.1), Ice Cream Sandwich (4.0), senón que é unha actualización menor que, malia todo, introduce unha novidade esencial: soporte para todas as gamas

É unha realidade que o noso sistema operativo favorito está presente en todas as gamas, desde a de entrada aos terminais máis potentes do mercado. Pero, obviamente, o rendemento non pode ser igual nun ou noutro dispositivo. Conscientes de que unha gran parte do público non quere (ou non pode) gastar moitos cartos no seu dispositivo en Android 4.4 conseguiron reducir os requerimentos do sistema ao mínimo para que todo o mundo poida disfrutar da nova versión.

Así, funcionaría correctamente con 512 MB de RAM, polo que calquera á actualización do sistema operativo só dependería da vontade do fabricante.

Outas funcionalidades

Compatibilidade cos wearables

Con KitKat tamén se pon a mirada nos wearables, a roupa de vestir, que se atopa hoxe en día en plena expansión. Falamos de cousas como as Google Glass, reloxos intelixentes e outro tipo de dispositivos que verán incrementadas as súas posibilidades grazas á compatibilidade con tres novos sensores: vector de rotación xeomagnética, detector de pasos e contador de pasos.

NFC, mando a distancia da TV e Bluetooth

Google continúa apostando pola tecnoloxía sen contacto NFC, que con KitKat facilita aos desenvolvedores emular tarxetas de crédito para facer micropagamentos. Así mesmo, tamén se dá soporte para que calquera Android poida ser empregado como mando a distancia da televisión.

Outra aposta de Google en Android 4.4 é o Bluetooth. Sopórtase Bluetooth HID over GATT e Bluetooth Message Access Profile, dous estándares orientados á facilitar a comunicación con outros dispositivos (wearables, centros multimedia, vehículos…).

Emojis, novo Hangouts e Google Now

Os emojis  formarán parte das nosas vidas en novos lugares como Gmail, que será compatíbel desde Android 4.4. Ademais, vemos tamén unha captura do novo Hangouts (presentado hai uns días) con soporte para sms e mensaxería instantánea. Pola súa banda, Google Now poderase activar sen necesidade de premer ningún botón, simplemente dicindo “Ok Google” (sóavos das Glass?)

emoji messages voiceDe seguro que nos vindeiros días iremos descubrindo pequenos novos detalles incluídos en Android 4.4. Manterémosvos informados 🙂

Sobre o autor

Reply