As e os que nos seguides en Google+ xa veríades o novo modelo de Google Glass, que incorporan un pequeno altofalanta in ear, ademais do sistema de son óseo detrás da orella. A priori non se ven moitos máis cambios estéticos, aínda que segundo afirman son moito máis compatíbeis con lentes de ver e cristais tintados (léase, lentes de sol).
Pois ben, vén de habilitar unha tenda de accesorios en liña, accesíbel desde este enderezo https://glass.google.com/getglass/ (aínda que só visíbel para Explorers, xente que ten unhas Glass)
Entre as cousas que se poden mercar están os auriculares compatíbeis coa versión 2.0 das Glass, unha bolsa para gardalas ou un cable – cargador. Iso si, moitos produtos non teñen stock e todos son bastante careiros.