Non cabe dúbida que a presentación dun novo membro da familia Nexus é todo un acontecemento para quen seguimos a diario o devagar da actualidade de Android, pois supón un chanzo máis no percorrer da historia deste sistema operativo. Hoxe, tras meses de rumoroloxía e filtracións, esaxeradas nos últimos días, puidemos coñecer oficialmente o agardado Nexus 5, o novo terminal de referencia de Google fabricado novamente por LG.
Pero ademais de fabricante tamén se repite a estratexia de non dotar aos Nexus das características máis potentes do mercado, numericamente falando, senón de apostar por boas prestacións a prezo asequíbel e unha unión (case) perfecta hardware – software.
Cumprindo co agardado, o Nexus 5 incorpora unha pantalla FullHD de 4,95 polgadas cunha resolución de 1920 x 1080 (445 ppi) e Corning Gorilla Glass 3. O procesador é un Qualcomm SnapDragon 800 de 4 núcleos a 2,3 GHz, aderezados de 2 GB de memoria RAM, cámaras de 8 e 1,3 megapíxeles (a principal con estabilizador) e opcións de 16 e 32 GB. A súa batería é de 2300 mAh e como sistema operativo trae Android 4.4 KitKat.
Así mesmo, estará dispoñíbel en 2 cores, branco e negro, e poderase mercar a través da Play Store a partir de 349 euros.
Podedes confirmarme se utilizará nanoSIM? Gracias!
Ola Anónimo,
O Nexus 5 vén con microSIM.
Un saúdo! 🙂
Ola moi boas!!!! Antes de nada parabens polo blogue, notase moito as horas de curro que hai detras 🙂 Agora unha preguntiña que pode soar un pouco ridicula.
Eu son usuario de apple dende hai moitos anos tanto no mobil coma na tableta e na computadora. Ultimamente ando bastante descontento co meu iphone 4 xa que coa ultima actualizacion vin reducida de forma alarmente a sua velocidade e estou pensando seriamente en comprar o nexus 5, xa que vendendo o meu vello terminal e con pouquiño mais xa me da para compralo. A nivel de prestacions xa sei que o nexus 5 bate en cada dos aspectos analizables ao meu “vello” cacharro… os meus medos veñen a hora de afacerme a android xa que xamais posuin ningun terminal con este sistema operativa. Asi pois, logo desta parrafada a pregunta é tan basica como ridicula… è rapida a adaptacion a este sistema??? moitas gracias 🙂 unha aperta
Ola Carlos,
Para unha persoa afeita a andar con smartphones e tablets, aínda que sexan de Apple, o tempo de adaptación é mínimo. Desde o momento que sacas o terminal da páxina e o acendes por vez primeira xa verás como as configuracións básicas son guiadas. Polo demais tes un menú de axustes no que podes modificar todo tipo de aspectos do terminal (obvios) e unha tenda de aplicacións na que poder descargar estas (Play Store).
Non haberías ter problema ningún co cambio. E se tes algunha dúbida, xa sabes que podes contatar connosco por aquí, a través das redes sociais (o máis áxil Twitter @mallandroid) ou para cousas máis detalladas por correo electrónico en contacto(at)mallandonoandroid.com
Un saúdo e, se das o paso, benvido á comunidade Androide! 🙂