Archos Gen 11, redefinindo a tablet tal e como a coñecemos

Work_slide_3_HD

 

Tablets Android hai a moreas. Son tantos os fabricantes que comercializaron este tipo de dispositivos que resulta complicado decantarse por un ou outro modelo. Por iso cómpre que se desenvolvan trebellos diferenciadores, un camiño que están a percorrer algúns como Archos coa súa nova Gen 11 (Archos 101 XS 2).

As súas características técnicas pasan por un procesador de catro núcleos a 1,6 GHz, 2 GB de memoria RAM, pantalla HD IPS de 10.1 polgadas. Ten dobre cámara, altofalantes estéreo e conta con Android 4.2 Jelly Bean, ao que incluíron unha tenda de aplicacións e unha suite offimática.

Malia todo, o verdadeiramente diferenciador desta tablet é o seu teclado magnético, ideal paraa creación de contido, que fai á vez de cuberta protetora integrada para a pantalla e caballete que permite mantela en vertical para, por exemplo, ver filmes.

Estará dispoñíbel nos próximos días por 269 €

Sobre o autor

No Responses

Reply