Wolder vén anunciar o lanzamento de dous smartphones que xa están dispoñíbeis no mercado español, o mismart WINK 😉 e o mismart SMILE 🙂, ambos os dous con capacidades dual SIM 3G e integrando Android 4.2 practicamente limpo. Así mesmo, ambos os dous comparten procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 512 MB de memoria RAM e4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, unhas características que os sitúan na gama de entrada, no que ten a ver coa potencia.
As diferenzas radican en que o minsmart WINK 😉 integra unha cámara de 8 megapíxeles, batería de 2200 mAh de capacidade e pantalla de 5 polgadas, mentres que o mismart SMILE 🙂 reduce estas prestacións até 5 megapíxeles, 1500 mAh e 4 polgadas respectivamente. Esta redución de prestacións tamén se reflexa nos seus prezos de venda: 159 € o WINK 😉 e 129 € o SMILE 🙂