Connect desembarca no mercado español co Q50 Parkour

CONNECT-Q50-PARKOUR

Nestes últimos tempos, chamados pola competencia, diversos fabricantes de dispositivos Android decidiron probar sorte no noso País. É o caso de Connect, unha empresa que quere facerse un oco co Q50 Parkour, que presentan como o primeiro terminal con tapa traseira táctil do mercado.

A diferenza do LG G2, que incorpora os poucos botóns que ten na parte traseira do dispositivo, o Parkour introduce a tecnoloxía rear-touch, co que toda a tapa traseira é táctil e serve para interactuar e xestionar o smartphone. Así, con xestos nesta tapa poderemos sacar fotos, poñer música, executar aplicacións… e  outras moitas outras pequenas accións.

O resto de características pasan por unha pantalla IPS de 5 polgadas, procesador de 4 núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de RAM e 16 GB de memoria interna, cámaras de 8 e 2 megapíxelescon zoom dixital x6 e compatibilidade dual SIM.

Está dispoñíbel en branco ou negro para mercar en FNAC por 199 €, aínda que a entrega farase en decembro

Sobre o autor

Reply