As Kindle Fire HDX de 7 polgadas anunciadas hai apenas un mes por Amazon comezan hoxe a ser distribuídas, logo de ter estado até agora en prevenda.
A modo de lembranza, as características técnicas deste dispositivo pasan por unha pantalla de 7 polgads e 323 ppp (1920 x 1200 píxeles), procesador SnapDragon 800 de catro núcleos a 2,2 GHz, 2 GB de RAM, 16/32/64 GB de memoria interna e unicamente cámara frontal.
En canto ao sistema operativo, vén con Mojito OS, un fork de Android 4.2.2 orientado ao consumo de multimedia (libros, música, vídeo), todo moi vencellado á tenda de Amazon, a única tenda de aplicacións que ten instalada (non ten a Play Store).
O modelo máis básico, de 16 GB, pódese mercar por 299 € se aceptamos ter publicidade (de produtos Amazon) na pantalla de bloqueo, algo evitábel se pagamos 15 € a maiores. O de 32 GB ten un prezo base de 269 € e o de 64 GB 309.