Para despedir o ano 2012 imos recordar o novo membro da familia Nexus, que foi comercializado co nome de Nexus 4 e desta volta o fabricante que tivo a sorte de fabricalo foi LG.
O hardware que nos permite desfrutar da última versión de Android nese momento (Jelly Beam 4.3) é un procesador Snapdragon S4 a 1,5 Ghz con 2 GB de RAM. A Pantalla é IPS de 4,7″ cunha resolución de 1280×768 e 320ppi. En canto ás cámaras destacamos unha de 8mpx na parte traseira e 1,3 para a dianteira. Neste novo Nexus, podiamos elixir 8 ou 16 gigas de capacidade interna segundo as nosas necesidades. No apartado da conectividade, destacamos que conta con NFC, pero non ten capacidade para soportar redes 4G.
En canto ao aspecto exterior, destacamos que o material elixido por LG para o Nexus 4 foi cristal, algo bastante novidoso que lle da ao terminal un acabado premium a prezo de gama media. Pero se por algo destacou este dispositivo foi por ser rompedor, cunha política de prezo baixo. Así, o seu prezo de saída foi de 299 € na Play Store o que axudou a que se agotara en cuestión de minutos.
A lentitude de Google para a falta de stock fixo que se desatase un rumor tras outro e, aínda que non hai unha explicación oficial ao respecto, hai quen di que fixeron unha mala previsión e quedaron sen unidades e quen avoga por un movemento de marketing. Sexa como fór, houbo longos periodos de tempo nos que este dispositivo non estivo dispoñíbel, tanto que até case mediados de 2013 non houbo un suministro regular de unidades.
Por outra banda, LG recibiu o empurrón que presisaba tras o fracaso da anterior xeración, sendo este o primeiro de 4 dispositivos de éxito da compañía entre 2012 e 2013: Nexus 4, LG Optimus G e os recén estreados LG G2 e Nexus 5.
FIN.
Até aquí chega o repaso pola breve pero intensa historia do noso sistema operativo favorito. Pero non queremos deixar de tocar dous puntos que pensamos que son importantes. Para iso, estamos preparando dous anexos, o primeiro dos cales adicaremos ás tabletse o derradeiro a falar da fragmentación.
Continuará…