Cando o LG G Flex fixo a súa aparición comentabamos que, ademais de pola súa forma curva (e elástica) tamén destaca por incorporar as tecnoloxías elastic coating e shelf healing grazas ás cales pode autorrepararse ao sufrir rabuñadas e soportar pesos de ata 8 kg.
Para que non pensemos que tan só son unhas pijadas máis de márketing, desde a compañía coreana veñen a publicar un vídeo no que se amosa como funcionan.
Que vos parecen?
Pois a min paréceme moi ben, sobre todo o de que sexa flexible de verdade e non unha pantalla curvada, porque se non, sentar enriba del sen querer xa nos deixaría sen móbil. O de Samsung tamén é flexible?
P.D: Aí non saen pesos de ata 32 kg e unha persoa sentando? Case que son máis de 8.