Aquaris 5.7, o novo terminal de BQ

Como podedes ver no vídeo, BQ ven de lanzar un novo terminal dirixido a un público moi concreto,  tentando así ter unha opción para cada tipo de usuario. Trátase do Aquaris 5.7 que conta cunhas especificacións de primeiro nivel a un prezo moi axustado, tan só 259,90€.

bq-aquaris-5-7-main-photo

Por este prezo, atoparedes una cámara frontal de 5 mpx e unha traseira de 13 mpx con autofocus e flash. Un panel IPS fullHD de 5,7″ e 386 ppp. Para mover todo o conxunto temos un procesador quad-core a 1,5 Ghz apoiados por 2 GB de ram. A memoria interna é de 16 gigas como única opción e sen micro SD. A súa batería é de 4000 mAh.

Gústanos algúns aspectos deste terminal como son o micro USB-OTG que pode paliar as escasas opcións coas que contamos no tema da almacenaxe. O outro aspecto a destacar e que conta cun LED de notificacións na parte frontal. Ademáis como ven sendo habitual nos terminais da firma española BQ, o Aquaris 5.7 é dual sim.

Sae á venda con Android 4.2 (Jelly Bean), aínda que imaxinamos que recibirá a súa dose de KitKat.

Podedes atopar máis información na web da compañía.

Sobre o autor

One Response

  1. Rr 22 Novembro, 2013 Responder

Reply

Deixa una resposta a Rr Cancelar a resposta