SPC lanza a súa nova Tablet Glow 7

glow7W_vistas

SPC vén de anunciar o lanzamento da Tablet Glow 7, a súa nova aposta de 7 polgadas a un prezo máis ca interesante: 119 euros.

Ademais da súa pantalla IPS de 7 polgadas e resolución 1024 x 600, a Glow inclúe un procesador de 4 núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB. Incorpora dobre cámara (a principal de 2 megapíxeles) e 3000 mAh de batería

Vén con Android 4.2 e promentendo actualizacións, aínda que non confirman a que futuras versións de Android. Así mesmo, conta cun sistema de arranque ultrarápido que permite ter o dispositivo operativo en 8 segundos.

Sobre o autor

Reply