A través dunha foto véñense de filtrar as datas de actualización de 4 dispositivos Samsung a Android 4.4 KitKat. De ser real este documento, teríamos que a Galaxy Note 3 e o Galaxy S4 serían os primeiros en recibir a súa dose de chocolate, que chegaría en xaneiro, mentres que o Galaxy S3 e o Galaxy Note 2 deberán esperar até marzo ou abril.