Hannspree presenta a súa nova tablet SN14T7, coa que acada as 13,3 polgadas

SN14T71 picture_RenderingHannspree vén de anunciar o lanzamento da súa nova tablet SN14T7, un dispositivo que destaca pola súa pantalla de gran tamaño, xa que acada as 13,3 polgadas. Este panel LED ten unha resolución de 1280 x 800 píxeles, cun ángulo de visión optimizado de até 140º en horizontal e 120º en vertical.

O resto de características non destacan especialmente sobre as tablets de gama media do mercado; ten un procesador de 4 núcleos a 1,6 GHz, 1 GB de RAM, 16 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD de até 32 GB), dobre cámara (de 2 e 0,3  megapíxeles) e altofalantes de 1,5 W.

En canto a software, vén con Android 4.2.2 actualizábel practicamente limpo. De todos os xeitos, o fabricante incluíu de serie a ferramenta ofimática SoftMaker e outras pequenas aplicacións de xestión de arquivos.

O seu prezo de venta ao público sitúase nos 249 €.

Sobre o autor

Reply