Wiko segue a lanzar novos dispositivos Android cunha gran relación calidade – prezo. O máis recente é o Darkfull, un dispositivo de pantalla Full HD de 5 polgadas (1920 x 1080) e protección Gorilla Glass que incorpora un procesador de catro núcleos a 1,5 GHz aderezados de 2 GB de RAM.
Así mesmo, dispón de 16 GB de memoria interna, funcionalidade dobre SIM e dobre cámara, de 13 e 5 megapíxeles para traseira e frontal respectivamente. En canto a sistema operativo, sairá con Android 4.2, imaxinamos que actualizábel nalgún momento.
Sairá á venda o próximo 29 de novembro por un prezo bastante axustado: 279 euros.