Cal é a mellor funda para a miña tablet? Algúns aspectos a considerar

funda2

Á hora de mercar unha tablet resulta bastante interesante botarlle un ollo tamén a algunha funda que no la protexa, sobre todo se adoitamos sacala da casa. Á hora de elixir a que mellor se adapte aos nosos gustos, usos e, sobre todo, ao noso dispositivo, debemos considerar algúns aspectos.

Oficial ou non oficial?

Os dispositivos de referencia dos principais fabricantes adoitan saír acompañados dunha completa gama de accesorios oficiais, fabricados especificamente para o trebello en cuestión. En ocasións, como vimos hai pouco coa funda oficial do LG G2, aportan funcionalidades extra que non atopamos nas alternativas.

Daquela, debemos ir sempre ao produto oficial? Depende. Dunha banda, estes produtos oficiais adoitan ser bastante máis caros que os alternativos. Pero… son realemente mellores que os alternativos? Novamente, depende: existen moitas empresas especialistas en accesorios que fabrican fundas deseñadas especificamente para produtos concretos de varias marcas cunha calidade excepcional (ás veces superiores aos produtos da liña oficial) e con prezos de todo tipo.

Doutra banda, se a nosa tablet non é un produto referencial ou dun fabricante recoñecido globalmente, polo xeral deberemos ir a a fundas xenéricas que valen para varios modelos; a principal marca diferencial é o tamaño da pantalla, pero tamén debemos considerar as dimensións reais do noso dispositivo para asegurarnos a compatibilidade, sobre todo se mercamos a cegas por Internet.

Tipos e materiais.

No sector das tablets adóitase falar de 2 tipos de fundas, tipo sobre e tipo libro. As primeiras soen estar fabricadas de materiais flexíbeis como o neopreno e son a mellor opción para uso doméstico; cada vez que usemos a tablet deberemos sacala do sobre, podendo disfrutar do dispositivo sen funda, tal e como foi deseñado.

Doutra banda están as fundas tipo libro, máis pensadas para xente que adoita levar a tablet nos seus desprazamentos. Úsanse co trebello fixado á funda, sen sacalo dela. Aínda que neste tipo de fundas adoita haber un abano maior de materiais, os máis habituais son os coiros e os acabados sintéticos.

funda

Estes días estivemos a traballar cunha funda tipo libro que nos cederon os amigos de MobileFun para que puidéramos analizar no blog; trátase dun modelo concreto para a Samsung Galaxy Tab 10.1, 10.1 2 ou 10.1 3, pero como xa comentamos, e podedes ver no seu catálogo, existen outras especificamente deseñadas para outros modelos e un gran número máis xenéricas e compatíbeis con varias a un tempo.

Como vedes na imaxe superior, a funda pechada agocha a tablet e outórgalle unha grata sensación de profesionalidade. Se a abrimos de todo, dándolle a volta á capa dianteira, teremos a tablet como se non levase funda, aínda que resulta moi interesante a posibilidade de colocala en ángulo (imaxe que abre o artigo) para consumos multimedia.

Esta funda pódese mercar na tenda en liña de MobileFun, onde tamén atoparedes moitas outras para diferentes modelos de tablets, como a súa selección de fundas para a Nexus 7.

Sobre o autor

Reply