Analizamos o Wolder miSmart Smile :)

smile

Hai uns días déronse a coñecer os dous terminais cos que Wolder deu o paso aos smartphones tras un longo percorrido como fabricante de tablets. Son os mismart Wink e mismart Smile, de 5 e 4 polgadas respectivamente. Estes días puidemos probar o mismart Smile, un dispositivo de entrada ao que tamén puidemos facer o unboxing. Eis a nosa análise.

Deseño, acabado e conexións

O Wolder Smile ten un deseño sobrio e que non destaca especialmente pola diferenciación; de feito atopamos moita similitudes estéticas con outros dispositivos da mesma gama de fabricantes da competencia, como podería ser BQ, outro xogador importante neste sector.

A parte frontal integra, ademais da pantalla de 4 polgadas, un marco que nas partes superior e inferior é basante groso. Nel intégrase a cámara dianteira, altofalante e sensores, ademais das teclas de menús. O lateral esquerdo acolle os botóns de volume e o dereito o de acendido/apagado; conector microUSB e jack 3.5 comparten espazo na parte superior, quedando a inferior reservada unicamente para o micrófono. Xa na parte de atrás atopamos o altofalante e a cámara principal xunto ao seu flash LED, ademais dunha inscrición que nos lembra o modelo do dispositivo.

Os acabados son todos en plástico e levantando a tapa traseira accederemos ao compartimento da batería e tarxetas SIM, ademais do oco reservado para tarxetas microSD.

Pantalla

A pantalla é un panel IPS de 4 polgadas e calidade WVGA, cunha resolución de 800 x 480 píxeles, quizais algo xusta para o tamaño que ten o dispositivo, pois aínda que para un uso xenérico non achamos grandes diferenzas, en certos gráficos si se apreza unh alixeira pixelización, áinda que hai que fixarse moito para aprecialo.

Un punto positivo é o brillo, xa que a pantalla admite un nível importante, co que a experiencia en contornas con moita luz será positiva. Malia todo, ten o handicap de non permitir a súa regularización ou adaptación automática, polo que deberemos andar modificando este aspecto manualmente.

Sistema operativo

Incorpora Android 4.2.2 desde o momento do seu lanzamento, sen máis personalización que a incorporación dalgunha aplicación propia, polo que se consegue unha experiencia moi Nexus. A relación hardware – software está moi ben conseguida e sorprendentemente os 512 MB de RAM conseguen mover o sistema operativo sen problema. Aínda que é moi cedo para falar de actualizacións, imaxinamos que está nos plans pasar o dispositivo a Android 4.4 KitKat, optimizado para trebellos con pouca memoria RAM.

Cámara

A cámara principal é de 5 megapíxeles e flash LED. Desde logo non é un punto forte deste terminal, simplemente ten unha función cumplidora. Deixámosvos un par de mostras:

IMG_20131124_173659

IMG_20131124_183817

Batería

A batería é de 1500 mAh e, unha vez máis, atopámonos cunha caracterísica que non é de destaque. Consegue chegar ao final do día sen problema, tras andar fedellando nel con frecuencia, pero non perdoa a carga nocturna. Iso si, nótase a diferenza de usar o dispositivo cunha única SIM, onde conseguimos unhas 3 horas máis de autonomía, a facelo empregando a capacidade multiSIM.

Conclusións

O Smile é un dispositivo que, polas súas características, enmárcase no que se coñece como gama de entrada. Ten un procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 512 MB de RAM e 4 GB de memoria interna. Este último aspecto pode ser mellorado se introducimos unha microSD de até 32 GB. Resulta  ser o trebello idóneo para inicializarse en Android ou para usuarios moderados da conectividade que ofrecen os smartphones.

Destaca, como vantaxe sobre outros trebellos de dobre SIM, as capacidades 3G das mesmas, polo que poderemos ter 2 tarifas de datos diferentes, elixindo en cada momento de cal aproveitarse (pensemos en persoas que se desprazan ao extranxeiro ou tarifas limidas en datos). Así mesmo, é de agradecer o detalle de incorporar unha funda para o terminal xa na caixa de venda, como puidemos ver no vídeo de unboxing.

En conclusión, os seus 129 € convirten ao mismart Smile nun dispositivo resultón para facernos cun smartphone se queremos ter algo decente e non gastar moitos cartos. Pódese mercar en diferentes superficies comerciais ou na tenda oficial do fabricante.

Sobre o autor

No Responses

Reply