BQ Aquaris 4, o novo terminal de BQ

Hoxe chegounos de forma oficial no último modelo de BQ co que se completan as súas apostas para chegar a todo tipo de usuarios: o Aquaris 4.

bq-aquaris-4-main-photo

Como nos ten afeitos a marca española, no nome do dispositivo reflexa o tamaño da pantalla, desta volta de 4 polgadas con resolución qHD. Atopámonos un procesdor dual-core de 1ghz e 1 giga de ram. A batería é de 1500 mAh, capacidade coa que agardamos pasar ben o día e un pouco máis como nos ten afeitos BQ.
Tamén conta con dúas cámaras. A traseira de 5 mpx e a dianteira VGA que nos servirá para sair do paso, pero non válidas para usuarios exixentes. Como ven sendo habitual, o terminal é dual sim.

O aspecto máis sorprendente e que sae con Android 4.1 (Jelly Bean) xa que outro dos novos dispositivos o Aquaris 3.5 sae con Android 4.2, e non temos constancia sobre se haberá ou non actualizacións.

O prezo, coma sempre, moi competitivo. Atopámonos cun prezo de 134,90€ para a versión de 12 gigas de memoria, aínda que polo de agora non está á venta.

Este foi o derradeiro dos terminais que nos avanzaban a propia xente de BQ desde fai unhos meses, completando así todas as súas propostas para asentarse no mercado e ben seguro que serán unha opción prefente de cara a fin de ano.

Podes atopar maís información na web da compañía.

Sobre o autor

Reply