A start up española Geeksphone vén de anunciar o seu regreso ao mundo Android tras botar un ano centrados en Firefox OS cos seus terminais de desenvolvemento Keon e Peak. Malia todo, volve cun dispositivo dual boot, combinando a experiencia adquirida tanto en Android como en Firefox OS e ofrecendo aos usuarios a posibilidade de escoller en calquera momento cal usar.
Este novo trebello, Geeksphone Revolution, verá a luz nas próximas semanas (aseguran que o lanzamento é inminente) e, aínda que non adiantaron nada das súas característica, confirman que estaremos ante un gama alta.
Tocará agardar un pouco para descubrir como resulta este regreso de Geeksphone ao mundo Android e se o modelo dual boot é o futuro que lle espera a Firefox OS no noso país. Polo de agora toca agardar.