FNAC vén de anunciar novidades na gama de dispositivos Android que comercializa baixo a súa propia marca e que supoñen unha renovación dos modelos actuais nas tablets e a incorporación dun novo tabletphone e un novo smartphone. A continuación resumímosvos as características principais dos novos dispositivos.
FNAC Tablet 7 3.0
A terceira xeración da tablet de FNAC ten unha pantalla de 7 polgadas con resolución 1280 x 800 píxeles, procesador de catro núcleos a 1,6 GHz, 1 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna (ampliábeis), batería de 4300 mAh, dobre cámara (2 megapíxeles a principal e VGA a frontal) e Android 4.2.2.
Prezo: 139,99 €
FNAC Tablet 8.0 3.0 / Tablet 8.0 3.0 3G
Quen precise máis pantalla pode optar pola versión de 8 polgadas (resolución 1024 x 768), que ademais inclúe 32 GB de memoria interna e 2 GB de RAM para acompañar o procesador de catro núcleos a 1,6 GHz. A batería é de 5000 mAh e as cámaras de 2 megapíxeles e VGA. Vén con Android 4.2.2
Prezo: 189,99 € (versión WiFi) / 229,99 € (versión WiFi+3G)
FNAC Tablet 10 3.0 / FNAC Tablet 10 3.0 Plus / FNAC Tablet 10 3.0 Plus 3G
O modelo con maior pantalla, de 10 polgadas, está dispoñíbel en 3 versións. Todas elas comparten tamaño e resolución de pantalla (1280 x 800), procesador de catro núcleos a 1,6 GHz, 8600 mAh de batería, cámaras de 2 megapíxeles e VGA e Android 4.2.2 como versión do sistema operativo.
As diferenzas están en que a versión estándar ten 1 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, que na versión Plus pasan a ser 2 e 32 respectivamente. Ademais, a Plus 3G integra conectividade 3G.
Prezo: 199,99 € / 229,99 € /269,99 €
FNAC Phablet 5.7
No apartado de tabletphones ou phablets, eses dispositivos a medio camiño entre smartphone e tablet, aparece a nova Phablet 5.7, un dispositivo cunha pantalla IPS FHD de 5,7 polgadas e resolución 1920 x 1080 , procesador de catro núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna. As súas cámaras son de 13 e 5 megapíxeles para traseira e frontal respectivamente e vén cunha batería de 4000 mAh e Android 4.2
Prezo: 259,99€
FNAC Smartphone 4
Finalmente, engádadese un novo smartphone que chega para ampliar catálogo e cubrir o sector das 4 polgadas cun panel IPS WVGA de resolución 800 x 240 píxeles. Así mesmo, ten 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD (trae unha microSD de 16 GB), 1 Gb de RAM, procesador a 1 GHz, batería de 1500 mAh, dobre cámara (5 megapíxele e VGA) e Android 4.1.
Prezo : 139,99€
Como podemos ver, atopamos un pouco de todo, desde opcións para un público que busca o seu primeiro smartphone ou un teléfono básico co Smartphone 4 aos que precisan unha tablet potente e de 10 polgadas, caso da Plus. Semella que a estratexia de introducir dispositivos en todos os tamaños e prezos está a dar resultados aos fabricantes, que non dubidan en ir ampliando paulativamente os seus catálogos.
Cal sería o ideal para vós?