Hai algún tempo falamos de que Decathlon andaba a preparar un móbil todoterreo baixo a súa marca Quechua, do cal xa podemos confirmar novos datos.
O primeiro de todo é o seu fabricante, que será Archos, unha empresa que nos ten acostumada a facer produtos con orientación a públicos concretos. Polo demais, trátase dun dispositivo con pantalla de 5 polgadas, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM, 4 GB de memoria interna (ampliábeis por micro SD) e cámara de 5 megapíxeles.
Vén con Android 4.1, batería de 3500 mAh (moi superior ao habitual) e proteción IP54, que garante resistencia a golpes, auga e suciedade.
Non se sabe cando estará á venda, aínda que se prevé que nos próximos días de cara a enfilar a campaña de Nadal. Porén, xa podemos confirmar o seu prezo: 230 €