R incorpora tablets e dúos móbil+tablet no seu catálogo

packta7_Young_1

A operadora galega R vén de engadir ao seu catálogo de dispositivos, onde Android ten gran protagonismo, diferentes opcións para facerse con tablets ou con combos de tablet + smartphone, que se ofrecen polo modelo de financiamento a prazos.

Os modelos introducidos son as Samsung Galaxy Tab 3 de 7 e 10 polgadas, dous dos dispositivos máis vendidos deste fabricante coreano. Curiosamente non se trata dos modelos con conectividade WiFi + 3G como podería esperarse dun operador móbil, senón dos que contan con conectividade unicamente WiFi. De todos os xeitos, cómpre lembrar que a comapñía galega permite que compartamos os datos do noso smartphone creando unha rede sen fíos para outros dispositivos WiFi (tethering)

As diferentes alternativas que ofrece R para facerse con algún destes dispositivos son as que seguen:

Todos os prezos inclúen IVE

Sobre o autor

Reply