bq ven de presentar o que é o seu novo terminal e que podedes ver no vídeo anterior. Non é outro que o bq Aquaris 5 HD, terminal que supón unha pequena evolución respecto ao Aquaris 5. As principais diferencias entre estes dous terminais son que o 5 HD é un terminal con pantalla HD de 720×1280 e 294ppi. A cor elixida desta volta foi o negro e temén introduce unha pequena mellora na cámara frontal que pasa a ser de 1,2 mpx.
En canto ás demáis especificacións nada novo. Atopámonos cun procesador quad-core Cortex A7 a 1,2 ghz, 1 giga de ram e 16gigas de memoria interna, doble sim e sae con Android 4.2 (Jelly Bean).
O prezo do Aquaris 5HD é de 199,90€ e na web de bq podedes atopar máis información.