HP alíase con Tuenti Móvil para agasallar un ano de Internet móbil coa Slate 7 HD

HP e Tuenti veñen de dar conta dunha colaboración pola cal comercializan a tablet HP Slate 7 HD cun ano de Internet de balde a través de Tuenti Móvil.

Esta tablet de 7 polgadas, dispón procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 GB de RAM, 16 GB de almacenaxe interno ampliábeis por microSD (+25 GB na nube grazas a unha colaboración con Box), dobre cámara (2 e 5 megapíxeles) e Android 4.2.2 como sistema operativo.

F4W46EA-ABE_1_390x286

Pola súa banda, as características do servizo móbil da promoción con Tuenti son 1 GB de datos durante un ano, valorado en 87,12 € segundo as tarifas da operadora. Esta operadora emprega a rede de Movistar.

Deste xeito, por 219 €, poderemos ter unha tablet de 7 polgadas e 1 ano de Intenet móbil para estar sempre conectados. É unha promoción exclusiva para comprar en liña a través desta páxina antes do 15 de xaneiro: www.hp.es/promohptuentimovil

Sobre o autor

Reply