Que é e para que vale ser root? Unha breve introdución

superuser

Con este artigo queremos facer unha pequena introdución ao root para que todas e todos comprendades un dos termos básicos do dicionario de definicións de Android. Así pois, imos responder a algunhas preguntas que axudarán a entender a que nos referimos con el:

Que é un usuario root?

É aquel que ten concedidos todos os permisos nun sistema Android (Superuser), polo que pode facer moitas máis cousas que non están permitidas ao usuario base.

Como podemos ser un usuario root?

Hai case tantas formas de ser superusuario como fabricantes de dispositivos Android, polo que a mellor maneira é buscar o noso terminal nun foro especializado. Android é un sistema aberto e a comunidade que o forma é enorme, polo que hai recursos a moreas. O máis completo é XDA Developers, aínda que se tedes problemas co inglés podedes recorrer a HTC Manía; simplemente con buscar o noso terminal no foro atoparemos como rootealo. Polo xeral, os pasos a seguir adoitan ser moi simples.

Vantaxes e desvantaxes de ser usuario root.

As vantaxes pódense resúmense en ter o control total do noso dispositivo. Así, poderemos cambiar de ROM, borrar aplicacións que o dispositivo traia de serie e non nos interesen, instalar mods, etc.

Htc HD2, terminal de 2009 coa última versión de Android, 4.4 kitkat.

Htc HD2, terminal de 2009 coa última versión de Android, 4.4 kitkat.

As desvantaxes, se andamos con tino  e seguimos os manuais, ningunha, pero se trasteamos onde non debemos podemos chegar a deixar o terminal inservible. Así mesmo debemos ter en conta ca co root e as custom ROMs perdemos a garantía do fabricante. Porén, hai que recordar que isto non é unha modificación definitiva, e que poderemos volver ó estado orixinal de fábrica do noso teléfono instalando o firmware do fabricante. Algo moi sinxelo de facer.

Que son as ROM e para qué valen?

As ROM son copias orixinais ou modificadas de Android nun arquivo. Con elas poderemos cambiar o funcionamento do noso dispositivo, facelo máis rápido, optimizalo para certos usos ou simplemente actualizalo máis alá do que o fabricante decidiu.

A importancia de recovery.

É aconsellable ao facer root instalar un recovery  modificado.  O recovery é unha especie de BIOS  en Android que nos vai a axudar a instalar ROMs, mods, … e tamén a restaurar o sistema cos backup cando algo non funcione como o ten que facer. Normalmente nos tutoriais de root xa nos indican qué recovery instalar e como facelo.

recovery

CWM recovery

En definitiva, como puidéchedes ler, facerse root é algo que non ten moita dificultade e abre moitas portas cara a mellora e personalización dos nosos terminais. A idea é ir explicanod en próximos artigos as diferentes utilidades para usuarios root.

Se tedes calquera dúbida ou queredes que ampliemos algo do comentado, non dubidedes en plantexar os temas nos comentarios

Sobre o autor

No Responses

Reply