AirDroid: xestiona por completo o teu teléfono desde o PC

Hoxe queremos achegarvos unha análise polo miúdo da aplicación AirDroid, a cal seguro que moitas e moitos de vós xa coñeceredes e que serve para xestionar os nosos Android desdeo escritorio do noso PC.

Unha vez instalada a aplicación no noso móbil, deberemos loguearnos. Do mesmo xeito, no nosos PC entraremos en web.airdroid.com e faremos o mesmo. Logo destes pasos só quedará vencellar os dispositivos, tras o cal veremos algo así:

Pantallazo-16.1

Nesta captura vemos varios puntos de información. Podemos comezar pola barra da parte superior na que temos unha fiestra na que podemos buscar calquera aplicación da Play Store e así instalalas no smartphone desde o pc.

Punto 1

Esa icona serve para mostrar os catro posibles escrotorios nos que podemos traballar. En cada un deles tempos varias opcións que nos permiten elixir os accesos directos que usamos máis frecuentemente, tal e como podemos ver nas imaxes seguintes:

Pantallazo-13Pantallazo-14

 

 

 

 

 

Punto 2

Neste punto contamos cunha serie de iconas coas que podemos facer diferentes cousas entre as que destacamos facer chamadas ou enviar sms, acceder á configuración e pechar a sesión.

Como vemos nas seguintes capturas, Airdroid, permítenos acceder á axenda ou meter o número da persoa coa queremos falar facendo a chamada desde o pc. Unha posibilidade cómoda para ambientes de traballo e se contamos cun manslibres bluetooth por exemplo.

Pantallazo-6

Punto 3

Neste apartado atopamos unha zona de información sobre o teu dispositivo. No noso caso vemos que é un Galaxy Ace con algo máis de 1 giga de memoria interna e 6,5 gigas para a micro sd ocupados do xeito que vemos na captura entre música, vídeos, fotos e outro.

Pantallazo-18

Como podemos ver, tamén temos outro tipo de información como pode ser o número de contactos ou número de fotos no terminal.

Punto 4

Aquí atopámonos cun toolbox que nos permite facer comodamente diferentes cousas:

  • A subida de arquivos ao terminal
  • Unha busqueda no navegador do móbil, e dicir, podemos teclear unha web que se vai buscar no navegador do terminal
  • Por último, se cadra unha das que máis nos gustou a posibilidade de ter un arquivo apk no disco duro do pc e envialo desde AirDroid ao smartphone para a súa instalación.

Pantallazo-15

Punto 5

Nesta zona da interfaz temos unha morea, AirDroid danos unha morea de posibilidades. Queremos destacar as seguintes:

Call logs ou Rexistro de chamadas. É aquí onde podemos controlar o noso historial de chamadas, vendo a listaxe de chamadas perdidas, recibidas ou realizadas e memos borrando a que queiramos. De xeito moi similar funcionan os Mensaxes, Photos ou Vídeos.

Pantallazo-5.1

Cámara. Podemos usar a cámara do móbil desde o noso pc. Abrésenos en AirDroid unha fiestra pola q vemos o punto ao que está apuntando o móbil, foto que será gardada no pc.

Pantallazo-7

Contactos. A xestión de contactos é total, podendo editar, borrar ou engadir.

Pantallazo-9.1

Apps. Desde aquí, tamén podemos instalar aplicacións no smartphone que teñamos no pc descargadas en formato apk, e o que máis nos gustou, das aplicacións que teñamos intaladas no móbil, descargar o arquivo .apk para gardar no pc.

Pantallazo-22

Até aquí chegamos co repaso das funcións que nos ofrece esta interesante aplicación, pero non todo pode ser bo e atopámonos que se ben e moi doado enviar mensaxes de texto, algo que baixo a nosa opinión hoxe e totalmente prescindible para a maioría, non podemos enviar/leer emails.

Tamén nos decatamos que desde o navegador non se vai actualizando o que se consume a batería do terminal, polo que para ter ese dato (que vemos na parte inferior dereita) temos que refrescar a páxina.

Malia todo, é unha aplicación a ter en conta xa que funciona ben e ofrécemos unhas posibilidade de xestión do noso terminal que nos pode aforrar moito tempo. É gratuíta e podemos atopala na Play Store

Sobre o autor

No Responses

Reply