Cando vai chegando a fin do ano comezan a aparecer rankings de todo tipo de cousas. Centrados no mundo Android, son habituais as recoleccións de mellores terminais, tablets ou outros trebellos do ano. As aplicacións e xogos, por suposto, non fican alleas a estas medicións e por iso Google vén de poñer en marcha os Play Store Awards, onde os usuarios podemos votar polas aplicacións e xogos que máis nos gustaron este 2013.
Os premios divídense en seis categorías, das cales tres están centradas en xogos (máis adictivo, mellor saga, mellor xogo baseado en película) e tres en aplicacións (mellor app do día a día, mellor ferramenta de viaxes e compras, mellor aplicación de Google). Á vez, dentro de cada categoría teremos 8 posibilidades para elixir, claro está, son as máis populares.
Cales son as vosas aplicacións e xogos favoritos deste ano? Podedes votar nesta ligazón. Ah! E se son outras que non se poden votar, dicídenos cales nos comentarios!