Cloudy Torrent: xestiona os teus torrents en remoto co teu Android

Moitas veces pensei que sería moi cómodo chegar a casa e ter o capítulo dalgunha serie que sigo dispoñíbel para ver nada máis chegar, algo que, lonxe de ser unha fantasía, xa se pode facer grazas a Cloudy Torrent, a aplicación da que vos queremos falar hoxe.

Esta ferramenta, desenvolta na nosa terra por Cabuxa & Mapache, está composta por unha aplicación Android e un programiña de escritorio, do que hai versión Windows e Linux. Con ela poderemos sincronizar os torrents de tal xeito que, en remoto desde o noso móbil ou tablet poidamos poñer a descargar calquera Torrent co noso xestor favorito.

2013-12-08 10.28.04

Se por algo se caracteriza Cloudy Torrent é pola sinxeleza, xa que os axustes para empregala son mínimos: tras descargar a aplicación da Play Store e o programa de escritorio (Windows, Linux x86 ou x64) iniciaremos sesión coa nosa conta de Google en ambos lugares, xa que a sincronización faise empregando Google Drive. E con iso xa poderemos comezar a usalo. Doado, non?

Así, ao compartir un torrent / magnet no smartphone con Cloudy Torrent terémolo sincronizado coa aplicación de escritorio que se encargará de abrir o noso programa xestor de descargas favorito. Así, ao chegar a casa, xa teremos todo descargado e listo para disfrutar.

Captura de pantalla de 2013-12-08 12:12:13

Podedes atopar máis información e as ligazóns de descarga na súa páxina web http://www.cloudytorrent.com

Sobre o autor

One Response

  1. CabuxaMapache 10 Decembro, 2013 Responder

Reply

Deixa una resposta a CabuxaMapache Cancelar a resposta