No día de hoxe queremos amosarvos un reloxo para os pequenos da familia. O seu nome e Filip, e surxe dunha alianza entre a americana AT&T e Filip Technologies para facer este weareable.
Trátase dun sinxelo reloxo que permite introducir á rapazada na tecnoloxía dun xeito divertido ao tempo que nais e pais poden estar un pouco máis tranquilos. Algunhas das funcións que permite son as seguintes:
Os pícaros:
- Poden facer chamadas desde o reloxo a unha serie de números previamente memorizados.
Nais e pais:
- Facer chamadas aos rapaces.
- Controlar, a través dunha aplicación, onde están os rapaces a tempo real.
- Acotar unha zona para, se o pequeno sae dela, recibir unha alerta no seu terminal.
- Enviar mensaxes de texto (sms)
A única eiva que lle atopamos a este trebello é que só se comercializa nos EUA e non hai previsión de que saia de aló.
E una pregunta para as nais e pais que nos len, prefiredes que os vosos pequenos teñan un smartphone ou considerades que este gadget é unha boa alternativa?
Na web do fabricante tedes máis información sobre o tema.