A aplicación de Twitter para Android vén de recibir unha nova actualización coa que queren avanzar na estandarización das mensaxes privadas (DM’s) entre usuarios como método de mensaxería alternativo.
Así, na nova versión introducen a posibilidade de compartir fotografías nestas mensaxes directas, ademais de establecer un botón de acceso para que sexa máis evidente atopalos e non como até agora, que había que entrar na pestana do perfil propio.
A mesma actualización tamén dá máis importancia ao apartado Discover, onde se atopan os trending topics, tweets más relevantes e as contas que nos poderían interesar seguir. Ademais, se temos algún usuario que nos interese seguir especialmente poderemos marcalo facilmente para que se nos activen as notificacións que nos avisen cada vez que twittea algo.
Esta actualización irá chegando aos diferentes dispositivos nas próximas horas.