Controlaremos a nosa casa coas Google Glass?

Os diferentes desenvolvedores que participan no programa Explorers de Google Glass están a traballar en liñas moi diversas, entre as que non podería faltar o campo da domótica.

Controlar o portal da nosa casa ou do noso garaxe cun mando é algo que xa está moi extendido, pero… imaxinades as posibilidades que tería poder facelo cos lentes de Google? Que dicides de controlar os termostatos ou acender a televisión?

Pois ese é o eido que está a explorar Vectorform, unha empresa de desenvolvemento multiplataforma que cren que as Glass son o dispositivo perfecto para ter todo na casa baixo control. No vídeo que abre este artigo podedes ver un concepto de como funcionaría.

Sobre o autor

Reply